Donas do noso



A LINGUA DELAS, A NOSA LINGUA

DONAS DO NOSO – CONQUISTADORAS DA VIDA COTIÁ

            O alumnado de teatro de 1ºBACH deu forma a todo o traballo realizado ao longo deste curso a través de pequenas representacións teatrais. Unha vez seleccionadas as mulleres a representar, elaboradas a súas biografías, estudado o contexto social e elaborados os guións guiados por outro profesorado implicado no proxecto, fixemos o reparto de guións. O alumnado encargouse de analizar a vestimenta e peiteados, a expresión corporal, xestos e posturas, a forma de falar… E adaptaron os guións para facelos máis seus e darlles un pouco de personalidade. Ensaiaron primeiro o texto, sen escenificación, para traballar a voz (ton, dirección, proxección) e logo a escenificación, para, por último, poñer en escea un total de 21 pequenas representacións teatrais. Estas foron grabadas en vídeo para a súa posterior difusión na rede.

            Co alumnado de 2ºESO realizamos unha búsqueda de mulleres deportistas da zona para a súa selección para encabezar algún mes da axenda que se vai a levar a cabo para o vindeiro curso, así como outras mulleres deportistas galegas que destacaron ao longo da historia para as efeméridis de dita axenda.


            Preme na imaxe para ver os diferentes videos.




Antía García Baia Fdez de la Torre Matriarcas Conquistadoras da vida cotiá Cristina Pato Cristina Pato Emilia Pardo Bazán Emilia Pardo Bazán Rosalía de Castro Rosalía de Castro Rosalía de Castro Exeria Fina e Rosalía Fina e Rosalía Fina e Rosalía Lúa Piñeiro Lúa Piñeiro Luz Casal Luz Casal Maruxa e Coralia Maruxa e Coralia Tamara Andrés Antía García Image Map

No hay comentarios:

Publicar un comentario